14 abr 2020

Terceiro trimestre



Ola!!!
Hoxe tiñamos que volver a vernos pero parece que aínda non pode ser.
Eu voto moito de menos o cole. E vós?

Ben, pois como non podemos ir, teremos que cantar, tocar , bailar e escoitar música na casa.

Como xa sabedes eu penso que a música é para “vivila” e por iso non imos facer fichas nin facer un traballo concreto senón que imos desfrutar coa música.
Neste blog tedes cancións, audicións e outros traballos que podedes facer como instrumentos de refugallo que vos servirán para acompañamento.
Xa sei que na casa non tendes instrumentos pero podedes substituílos por cousas que atopedes na casa: utensilios de cociña (culler de pao, tixolas, potas…), lapis, pinturas de madeira, perchas de metal…así que non deixedes de tocar.

Estes días estiven seleccionando cousas novas que vos engadín e podedes probar a interpretalas.

Tamén en Youtube se poñedes María Lariño podedes ir as listas de reprodución e aí tendes una selección de vídeos clasificados.

DISFRUTADE MOITO COA MÚSICA E COMPARTÍDEA COA FAMILIA.
Se tendes algunha dúbida mandade un correo a: musicaconchita6@gmail.com