14 abr 2020
Amawolé. Canción africana
AMAWOLE
AMAWOLE, AMAWOLE, Amawolé,
AMAWOLE, AMAWOLE, Amawolé,
AMAWOLE,
Amawolé eh eh eh amawolé.
AMAWOLE, Amawolé eh eh eh amawolé.
KINTELA, Kintela,
A nga, Nalela, Soso.
Kintela, A nga,
Nalela, Kokooioko.
Kintela, A nga,
Nalela, Soso.
Kintela, A nga,
Nalela, Kokooioko.
8 abr 2020
17 mar 2020
9 feb 2020
9 ene 2020
Unha paxariña de papel
Unha paxariña
feita de papel
fala cun ventiño
sen saber quen é.
Moitas das palabras
soan a papel.
Repíteas o vento.
Brotan caraveis.
Esa paxariña
feita de papel
pídelle ao ventiño
que a leve con el.
12 dic 2019
17 oct 2019
14 oct 2019
SAMAÍN
Era
noite de trebón
nun
vello e mouro castelo,
a
auga caía a chuzos
e
os lóstregos a miles.
Oes
dentro un barullo
de
alaridos e lamentos,
era
noite de trebón
nun
vello e mouro castelo.
Bule,
bule, bule, bule,
bailan,
bailan os espectros,
bailan,
bailan esqueletos,
sapos,
monstros e morcegos.
Bailan,
bailan as pantasmas,
monstros,
bruxas e curuxas.
Bule,
bule que aínda é cedo
e
hoxe toca pasar medo.
13 oct 2019
23 may 2019
Unha serea poeta
Unha
serea poeta
aló,
no fondo do mar,
fai
cantigas coas cunchas
que
ninguén sabe cantar.
Fai
instrumentos de corda
coas
algas e os corais,
belas
pezas cristalinas
que
ninguén sabe tocar.
Escribe
versos salgados
nun
caderno sen cesar.
Versos cheos de dozura
que
ela quere recitar.
Unha
serea poeta
aló,
no fondo do mar,
fala
sen dicir palabras
por
se a queren escoitar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

