Unha
serea poeta
aló,
no fondo do mar,
fai
cantigas coas cunchas
que
ninguén sabe cantar.
Fai
instrumentos de corda
coas
algas e os corais,
belas
pezas cristalinas
que
ninguén sabe tocar.
Escribe
versos salgados
nun
caderno sen cesar.
Versos cheos de dozura
que
ela quere recitar.
Unha
serea poeta
aló,
no fondo do mar,
fala
sen dicir palabras
por
se a queren escoitar.