15 nov 2022

Día da Non Violencia

 Forte. Valente. Intelixente
Non ten masculino, non ten feminino.
Podemos ser ti e mais eu.

Feliz. Alegre.Independente.
Non ten masculino. Non ten feminino.
Podemos ser ti e mais eu
depende dos dous!




Antía e Xoan aprenden xuntos e xogan xuntos.
Son diferentes. Ou non! 

Noa e Antón traballan xuntos.
 Xuntos constrúen un mundo mellor.


Forte, valente, intelixente. 
Non ten masculino.Non ten feminino.
Podemos ser ti e mais eu. 
Feliz, alegre, independente.
Non ten masculino, non ten feminino.
Podemos ser ti e mais eu
 depende dos dous!
 
María é escritora
Anxo é bailarín
e ti terás que ser o que che guste a ti.
 
Cantante, deportista.
Doutor. Albanel.
De todas as cores ímonos a vestir.
 
Forte, valente, intelixente.
Non ten masculino, non ten feminino.
Podemos ser ti e mais eu
podemos ser os dous!
 
Feliz, alegre, independente.
Non ten masculino, non ten feminino.
Podemos ser ti e mais eu
depende dos dous!


Se ti es violinista
ou eu amaso o pan
 cando chegue a casa
igual hai que limpar
apretar un parafuso
ou sentarse a descansar
nin é de nena nin de neno fregar ou cociñar.
 
Polo mesmo traballo
o mesmo hai que cobrar.
Os bicos e aloumiños cando queres se dan.
Todas ca mesma forza e loitando pola paz
nin o máis mínimo berro. Imos tolerar!
 
Respecto, empatía, amor e liberdade
é traballo de todos
 crer na igualdade!
 
Forte, valente, intelixente.
Non ten masculino, non ten feminino.
Podemos ser ti e mais eu
Podemos ser os dous!
 
Feliz, alegre, independente.
Non ten masculino, non ten feminino.
Podemos ser ti e mais eu
depende dos dous!
 
Forte, valente, intelixente.
Non ten masculino, non ten feminino.
Podemos ser ti e mais eu
podemos ser os dous!

Forte, valente, intelixente...