Fídula oval: a caixa harmónica é curva, en forma similar a unha pera e de tendencia oval. Tocábase con arco. No pórtico aparecen oito.
Fídula
en oito: o seu fronte recorda a un oito, era a forma menos
usada en España. Aparecen catro nos relevos.
Laúde: é de procedencia árabe e a súa caixa ten forma convexa por detrás. A diferencia das fídulas tócase punteando cos dedos. Aparecen dous.
Organistro: é un instrumento de corda fretada ,normalmente tocado
por dous músicos debido ao seu tamaño. Un deles accionaba a manivela que
acciona o mecanismo que frota as cordas, e o outro acciona o teclado.
Sin duda, os relevos da arquivolta (arco que rodea as portadas románicas) son un dos mellores documentos gráficos que temos para o coñecemento de certos instrumentos da época medieval.