Adiós, ríos; adiós fontes; Deixo amigos por estraños,
adiós, regatos pequenos; deixo a veiga polo mar, adiós, vista dos meus ollos, deixo, en fin, canto ben quero... non sei cando nos veremos. ¡Quén pudera non deixar...!
Miña terra, miña terra, Adiós, adiós, que me vou,
terra onde me eu criei, herbiñas do camposanto,
hortiña que quero tanto donde meu pai se enterrou,
figueiriñas que prantei, herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
terriña que nos criou.
prados, ríos, arboredas, Xa se oien lonxe, moi lonxe,
pinares que move o vento, as campanas do Pomar ;
paxariños piadores, para min, ¡ai !, coitadiño,
casiña do meu contento, nunca máis han de tocar.
muíño dos castañares, Xa se oien lonxe, máis lonxe...
noites craras de luar, Cada balada é un dolor ;
campaniñas timbradoiras voume soio, sin arrimo...
da igrexiña do lugar, Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!.
amoriñas das silveiras ¡Adiós tamén, queridiña...!
que eu lle daba ó meu amor, ¡Adiós por sempre quizáis...!
que eu lle daba ó meu amor, ¡Adiós por sempre quizáis...!
camiñiños antre o millo, Dígoche este adiós chorando
¡adiós, para sempre adiós! dende a beiriña do mar.
¡Adiós groria! ¡adiós contento! Non me olvides, queridiña,
¡Deixo a casa onde nacín, si morro de soidás...
deixo a aldea que conozo Tantas légoas mar adentro...
por un mundo que non vin! ¡Miña casiña! ¡meu lar!